Conxunto Vocal LUGH
Foi creado en setembro de 1999 por iniciativa de XUNGALU.
Desde a súa fundación está dirixido por FERNANDO GÓMEZ JÁCOME.Estes anos de vida foron adicados esencialmente á formación do colectivo e á preparación dun repertorio que abarcase música galega, de autores contemporáneos, sacra e outras de autores clásicos.Realizou algunhas actuacións con motivo de diferentes eventos, públicos e privados, que influíron para manter a ilusión e o traballo permanentes.
Cabe destacar actuacións con outros coros da Comunidade galega, para participar en varias Mostras de Corais de “GALICIA CANTAT” organizada pola Federación Coral Galega.
Actuou na capital da Comarca Berciana, PONFERRADA (LEÓN) traspasando así as fronteiras galegas, xunto con outros coros da Comunidade de Castela-León, na II Mostra de Corais Polifónicas que se celebrou no Teatro Bergidum , centrando o repertorio na canción galega, mexicana e de tradición sudafricana.Dentro da ruta do Románico desta provincia, realizou varias actuacións en igrexas como a de ATAN , Ferreira de Pantón, NEIRAS de Sober, e outras.
Foi recibido polo Presidente da Xunta de Galicia, interpretando ese mesmo día unha Misa na Catedral de Santiago, con motivo do Ano Santo Compostelano " Xacobeo 2004 ".
Nos pasados meses do ano actual, varias parroquias e concellos requeriron a súa presenza para ofrecer misa-concerto cantando a Misa para Coros composta polo ourensán Padre M. FEIJOO.En xuño de 2005 este colectivo actuou na igrexa de SAN CRISTÓBAL de COMILLAS (Cantabria) e SANTA Mª LA REAL DE LA CORTE, na cidade de OVIEDO.Tamén en xuño actuou no CIRCULO DAS ARTES en Lugo, conmemorando o 50 aniversario do devandito centro.
¿Tés un establecemento comercial?
Une o teu negocio á maior rede de difusión comercial de Lugo.
Para comenzar o proceso, completa o formulario de solicitude de alta.
¿Queres ser socio?
¿Queres ser socio de XUNGALU?. Consegue o teu carnet de socio, participa nas actividades e aproveitate de descontos nas túas compras.